Sunday 05 de May de 2024

A Xunta enxalza o traballo do sector para poñer en valor e difundir a calidade dos productos do mar capturados pola frota artesanal


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe á Festa de degustación dos produtos da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, un evento que pretende mostrar a todos os presentes a calidade e as bondades dos produtos capturados pola frota artesanal da zona e incrementar o seu valor, unha mostra máis do esforzo permanente do sector neste eido. De feito, ao igual que en edicións anteriores, os asistentes poden degustar peixes e mariscos certificados pola marca de calidade da Xunta de Galicia pescadeRías, de onde se non? como o polbo, os percebes, os berberechos ou o longueirón.

Esta festa, impulsada polas confrarías locais de Lira e O Pindo, dá a coñecer boa parte dos produtos amparados polo selo, que certifica que foron capturados como máximo 24 horas antes da primeira venda e con artes de pesca moi selectivas, o que contribúe a impulsar a súa demanda. De feito, o ano pasado e malia o impacto da alerta sanitaria polo coronavirus, as lonxas galegas comercializaron máis de 11.000 toneladas de produtos do mar certificados coa marca pescadeRías.